viernes, 28 de octubre de 2016

CHEGOU O SAMAÍN AO CORREDOR DE EDUCACIÓN INFANTIL

Estes días  estivemos decorando o noso corredor con motivos de medo:  as portas das aulas convertéronse en monstros; fixemos  "sustos monstruosos"; elaboramos unha exposición de lecturas monstruosas (coa axuda da mestra Ana) e puxemos a exposición coas fantásticas e creativas cabazas e caixas terroríficas  que fixemos coas nosas familias.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 
Podedes ver o resultado na seguinte presentación.


2 comentarios:

Os Pondaliñ@s dijo...

Quedou todo precioso! PD: Sóanme de algo as bruxiñas que están entre as portas jejeje

Os Revoltiños dijo...

Graciñas! Ás bruxiñas gustoulle moito o noso corredor e quixeron volver a el, je je...